Wednesday 01 de May de 2024

A Coruña debe ser máis dilixente con Nostián para gañar a confianza da comarca


O Concello da Coruña debería actuar con máis seriedade, dilixencia, transparencia e espírito negociador no relativo á planta de tratamento de residuos de Nostián. Así o solicitou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, tras a reunión que celebrou o Consorcio As Mariñas, o principal cliente do municipio capitalino e o seu cuestionado sistema de tratamento.

Unha reunión na que se aportou unha información insuficiente para tomar unha decisión. Oleiros continúa apostando por Nostián como centro comarcal de tratamento, pola súa proximidade e polo papel que en teoría debera ter como sistema de reciclaxe de residuos.

Combinar o respecto ao medio e ás obrigas ambientais cunha operatividade máis eficiente é unha teima que deben perseguir tanto o Consorcio das Mariñas como o concello coruñés, propietario da instalación; pero para iso, a cidade debe mostrar un comportamento distinto, que permita remar todos no mesmo sentido e converter Nostián nun centro de residuos domésticos tecnolóxicamente avanzado e capaz de xestionar o lixo de toda a comarca.